Axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras

Publicado o 27 Marzo, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

 polilingual.jpg

Premendo no documento pdf podedes acceder ó DOG no que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014.

.pdf

formacion-linguas-estranxeiras-2014-1.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria do II Concurso de Relatos Curtos

Publicado o 26 Marzo, 2014 na sección Zona Alumnado, Normalización e Dinamización Lingüística, Convocatorias, Biblioteca por Alberte Zato

 

 Clique na tablet para ver as Bases e Normas

relatos_curtos.png

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recital no Día da Poesía e a Árbore 2014

Publicado o 26 Marzo, 2014 na sección Celebracións, Actividades, Vicedirección por Alberte Zato

  (Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Carmela Cardama, campiona de España júnior de Cros

Publicado o 20 Marzo, 2014 na sección Celebracións, Zona Alumnado por Alberte Zato

 

Parabéns de toda a comunidade do IES do Castro á nosa estudante Carmela Cardama que ven de se proclamar campiona de España de Cros na categoría júnior e que ten un presente e un futuro moi brillante na súa carreira deportiva.

 

As súas declaracións:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigodeportes/2014/03/18/cros-sintome-mellor-pareceme-mais-divertido/0003_201403V18C10991.htm

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria pública de prazas de Bacharelato Internacional no IES do Castro

Publicado o 12 Marzo, 2014 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI, Convocatorias por Alberte Zato

IB 100O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

O número de prazas ofertadas é de 26 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única na Provincia.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do 14 de marzo ata o 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última con plena validez legal.

A primeiros do mes de xuño convocarase unha reunión informativa con todos os interesados para dar conta das características máis importantes desta modalidade de Bacharelato.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional:  http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional (na conserxería do Centro ou vía correo electrónico: castroibo@gmail.com)

Vigo, 13 de marzo de 2014.

 

Tríptico

 triptico_ib.jpg

 

Formulario de solicitude de  praza

 praza_ib.jpg

.pdf

solicitude_praza_2014_2015_bacharelato_internacional.pdf 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Tríptico informativo sobre o Programa do Diploma de Bacharelato Internacional

Publicado o 2 Marzo, 2014 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

 triptico_ib.jpg

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo