Inglés: Novos libros de texto LOMCE 2015-2016
|
|
1º de ESOMOSAIC 1: Student’s BookISBN 9780194666107 MOSAIC 1: WorkbookISBN 9780194666114 By Cheyl Pelteret Oxford University Press |
![]() |
3º de ESOMOSAIC 3: Student’s BookISBN 9780194652063 MOSAIC 3: WorkbookISBN 9780194652179 By Paul Kelly OXFORD UNIVERSITY PRESS |
![]() |
1º de BacharelatoINITIATIVE 1: Student’s bookISBN 9780230485839 INITIATIVE 1: WorkbookISBN 9780230448339 By Patrick Howarth MACMILLAN |
Nota: Os ISBN son os comunicados oficialmente polas editoriais
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Acto de entrega dos premios Confemadera no Instituto
O día 18 de xuño, véspera do remate das clases, e nun ambiente de certo nerviosismo polo momento en que coincidiu coa celebración dalgunhas probas finais, entregáronse os galardóns que, resultaron gañadores no concurso “O monte é a nosa vida,axúdanos a coidalo” convocados pola asociación Confemadera-hábitat
.
Os premiados, entre eles Raquel e Olimpio, cos diplomas e autoridades
Unha das razóns pola cal o centro foi escollido para tal evento foi que un dos traballos presentado a concurso polo Ies do Castro foi premiado na categoría de traballo colectivo na modalidade de fotografía. O resto dos galardóns recolléronos alumnos de diferentes centros de Galicia (Ferrol, Guntín, Coristanco e Vigo), e ditos premios foron entregados polo Xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, o Presidente da comunidade de montes en man común de San Salvador de Coruxo, Antonio Ocampo,e o Presidente da asociación convocante, Elier Ojea.
Unha das andainas por Fragoselo entre coníferas e caducifolias
O traballo premiado, aínda que foi o alumnado de 2º da ESO-A o que dun xeito máis directo participou do acontecemento e se responsabilizou de ordenar todo o material, e foron eles os encargados de recibir o cheque por valor de 300 € do primeiro galardón e o diploma, en realidade o premio o que vén é a recoñecer o traballo realizado ao longo destes últimos anos polo profesorado e alumnado en colaboración coa Comunidade de montes de Coruxo-Fragoselo.
O duro traballo dará os seus froitos
O concurso, que anualmente convoca dita asociación de empresas da madeira e que ten uns materiais didácticos moi interesantes na súa páxina web para traballar co alumnado, xira arredor da importancia que debemos darlle aos montes en Galicia e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial que podemos obter da súa promoción.Neste sentido, as actividades realizadas,tanto na contorna do centro, o monte do Castro, como na periferia, Beade (magosto) e, sen dúbida, en Fragoselo, son dous exemplos claros nesta liña de actuación. Por iso participamos no concurso e animamos a facelo en convocatorias posteriores.
Os de 1º da ESO, este curso 2014-15, colleron a testemuña
Imprimir este Artigo
Admisión no Bacharelato Internacional
Ponse en coñecemento dos interesados que o próximo mércores día 24 de xuño pola tarde aparecerá nesta páxina a lista de admitidos no Programa do Diploma do Bacharelato Internacional, unha vez rematada a baremación dos expedientes. Tamén aparecerá una lista de espera, para o caso de que algún dos admitidos renuncie á súa plaza.
Imprimir este Artigo
Premios Extraordinarios de Bacharelato
A convocatoria de acceso aos premios extraordinarios de bacharelato a tedes no seguinte documento:
Imprimir este Artigo
Préstamos de verano
|
BIBLIOTECA |
|
PRÉSTAMOS DE VERANO |
|
CURSO 2014-2015 |
| FECHA PARA HACER EL PRÉSTAMO: Del 15 al 19 de junio
FECHA PARA RECOGER LOS LIBROS: 24 de junio NÚMERO DE LIBROS: 5 PROCEDIMIENTO:1. Escoger los libros 2. Entregarlos al profesor de biblioteca con un folio con vuestro nombre 3. El profesorado de Biblioteca los registrará en vuestro nº de lector 4. Recogerlos en la Biblioteca SE RECUERDA A TODO LOS USUARIOS Y USUARIAS DE LA BIBLIOTECA QUE ESTOS DÍAS HAN DE SER ENTREGADOS TODOS LOS PRÉSTAMOS QUE ESTÉN TODAVÍA EN SU PODER. MUCHAS GRACIAS |
Imprimir este Artigo
Parabéns á nosa alumna Isabel Gradaille Gil!
XXVI OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA - ANO 2015
Isabel Gradaille Gil, alumna de 2º da ESO deste instituto, clasificouse para representar a Galicia na fase final da XXVI Olimpiada Matemática Nacional para alumnas e alumnos de 2º da ESO que este ano se celebrará do 24 ao 28 de xuño en Huesca.

Parabéns e boa sorte!!!!!!!
Imprimir este Artigo
Calendario Fin de curso 2014-2015
No seguinte documento aparece o calendario fin de curso para o alumnado da ESO e 1º de Bacheralato:
calendario-fin-de-curso-alumnado-2014-15.pdf
Imprimir este Artigo














