Admisión no Bacharelato Internacional 2016 - 2017

Publicado o 26 Febreiro, 2016 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI, Secretaría por Alberte Zato

undefined
 Infórmase ós interesados que o plazo e o proceso de admisión no Bacharelato Internacional para o curso 2016 2017 será igual ó do curso 2015 2016, polo que poden informarse dos mesmos na entrada do ano pasado:  http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=361
4

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Todos Somos Diferentes

Publicado o 23 Febreiro, 2016 na sección Zona Alumnado por Xavier
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2016-17

Publicado o 17 Febreiro, 2016 na sección Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Administración, Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

 reserva_praza.png

Imaxe: Alberte Zato
As instruccións de reserva de praza no IES do Castro para o próximo curso, pódense consultar no seguinte documento pdf :

.pdf

instruccions-reserva-plaza-curso-2016-17.pdf

A normativa reguladora do proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, pódese consultar no seguinte documento pdf:

.pdf

dog-procedemento-de-admision-do-alumnado-copy-copy.pdf

nota-informativa-admision-xt_16_17-copy-copy.pdf

A oferta de prazas vacantes no IES do CASTRO  para o curso 2016-2017, e a zona educativa que lle corresponde  pódense consultar nos seguintes documentos pdf:

oferta-de-prazas-vacantes-para-o-curso-2016-3.pdf

 zona-educativa-ies-do-castro-2016-17.pdf

A relación provisional de ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017 pódese consultar no seguinte documento:

listas-provisionais-de-admitidos-para-o-curso-2015-16.pdf

A relación definitiva de ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-17 pódese consultar no seguinte documento: 

listas-definitivas-admitidos-curso-1016_17.pdf

Prazo de matrícula para o curso 2016-17:  dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo, segundo calendario publicado no centro. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O OMBÚ, ÁRBORE SENLLEIRA.PARA CANDO?

Publicado o 14 Febreiro, 2016 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

Como xa será sabido pola maior parte das persoas que tiveron ou teñen algunha relación co Instituto, no ano 2012 iniciáronse os trámites de petición da catalogación do OMBÚ, como ÁRBORE SENLLEIRA. Ao longo do ano pasado, entre os meses de xullo e decembro  a Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio comunica que a árbore obxecto de catalogación como tal non reúne os requisitos para ser considerada como SENLLEIRA. Como cabe recurso de alzada ante a Dirección Xeral que ditou a resolución, e despois de ser tomado o acordo polo Consello Escolar de presentalo, entendemos que se debería  reclamar tal consideración  e así se fixo, ampliando algúns datos e adxuntando unha nova memoria, porque se valorou que as razóns alegadas resultan  demasiado xeneralistas e, polo tanto, mantemos a petición, e, ademais, para que quede constancia de que de non ser desta volta, se siga reivindicando por xeracións vindeiras,por entender que é digna dese mérito.

Á parte do recurso adxuntouse a memoria explicativa, que vai a continuación,  abondosa documentación gráfica e estamos á espera dalgunhas adhesións dalgunhas  institucións públicas

cartel-ombu-peq1.JPG

Cartel publicitario no ano 2012

1.-HISTORIA: O INSTITUTO DO CASTRO foi inaugurado no ano 1993, e atópase nun lugar que, ao entender da comisión, podemos considerar privilexiado. A razón é que sendo o derradeiro centro en construírse no corazón da cidade, O monte do Castro, conta coa árbore máis antiga de calquera centro público de ensino da cidade e, mesmo de toda Galicia, e do propio monte do Castro onde abondan árbores autóctonas e alóctonas, centenarias e outras que non o son tanto, pero, en calquera caso, un lugar excepcional desde o punto de vista medioambiental e paisaxístico.

Ao viveiro do Concello de Vigo accédese por unha das rúas peonís que linda co recinto onde se atopa o OMBÚ e que é motivo de admiración polos viandantes que ascenden ao parque.

Asimemo, o que agora se coñece co nome de IES DO CASTRO, inicialmente foi INSTITUO DE HISPANIDADE, porque, como é sabido, é a rúa que dalgún xeito delimita O Castro polo Sur e que acolleu a moita poboación procedente da emigración americana e por iso se lle bautizou así.

O lugar onde se atopa o OMBÚ, no momento que se levaron a cabo os traballos de urbanización foi unha sorpresa o seu descubrimento, chegando a condicionar o retranqueo do Ximnasio para a protección daquel, e dicimos sorpresa porque a maleza que invadía os terreos impedía visualizalo.

A sensibilidade dos técnicos, acertadamente, sacrificaron parte do proxecto para prestixiar A árbore.

Diríase que a xénese do centro estivo profundamente marcada por aquela, e chegando a converterse, pouco menos que nun símbolo totémico e de culto, sobre todo, a medida que ía medrando e o Instituto se identificaba cada ano máis con ela.

Así, e na medida que se ían coñecendo máis pormenores da súa historia e da súa orixe, se foi facendo máis popular entre as vinte e tres promocións de estudantes que levan pasado polo centro e máis aínda ao decubrir que está considerada a ÁRBORE DA BELA SOMBRA E NACIONAL DE ARXENTINA.

En resumo que, se a cidade olívica se identifica coa OLIVEIRA, O IES DO CASTRO e A REPÚBLICA ARXENTINA recoñécense no OMBÚ. E non é casualidade que a casa Museo de Rosalía en Padrón acollese dede o ano 1975 outro OMBÚ doado polo Centro Galego de Bos Aires, como símbolo da irmandade e agradecemento ao pobo arxentino pola acollida prestada ás innumerables vagas de emigrantes a Arxentina desde o século XIX.

Por iso, entre outras razóns, para defender a proposta de ser ÁRBORE SENLLEIRA,unha delas é a do simbolismo que encerra desde o punto de vista histórico e cultural nas relacións con Arxentina, e que de consolidarse a proposta podería abrir algún intercambio máis intenso no ámbito educativo, por exemplo, co Colexio Apostol Santiago de Bos Aires, cofinanciado pola Xunta de Galicia, co consulado de Arxentina, e coa casa de Arxentina, ambos os dous con sede nesta cidade.

Neste sentido, a Comunidade educativa do Ies do Castro, imbuída por este espírito de respecto á natureza, sempre mantivo unha atención exquisita pola ÁRBORE e foi motivo de sensibilización para que o recinto se fose ampliando en canto a especies arbóreas de orixe diversa: figueriras, limoeiros, salgueiros choróns, metrosidero, oliveira, palmeiras.Véxase a GUÍA DAS ÁRBORES E PLANTAS, elaborada polo centro con motivo da participación na AXENDA 21

ombu8-peq.JPG

O OMBÚ  na primavera

 2.-CRITERIOS UTILIZADOS PARA AVALIAR O CARÁCTER MONUMENTAL DO EXEMPLAR PROPOSTO:

 CRITERIOS DENDROMÉTRICOS: Segundo consta documentalmente, achégase unha copia do Libro :Catálogo das árbores singulares do Concello de Vigo, editado por este, no ano 1998, e cuxa fotografía corresponde ao ano de inauguración do centro en 1993, naquel momento dise o seguinte: INSTITUTO DE BACHARELATO en camiño Atalaia( 5 m. 60-80 anos D ).

Despois destes anos transcorridos, todo apunta a que como mínimo a poidamos considerar centenaria, se non máis, porque segundo contan os interrogados máis vellos “sempre estivo aí” e que sería un indiano o que a traería desde Arxentina a finais do século XIX.

 

raiz-2016.jpeg

Raíz e toro en febreiro de 2016

Esas medidas, tal e como se puxo de manifesto na petición inicial, xa foron superadas de xeito exponencial nestes vinte e tres anos de maior visualización.

Así, o grosor do toro, ao ser multitoro, nada que ver co que presentaba naquel momento, o mesmo a súa altura, ou o diámetro da copa. Mesmo se diría que o seu exotismo, se o comparamos con outras árbores da mesma especie en Arxentina ou Brasil, pola documentación manexada, non acadan facilmente ese volume.

 CRITERIOS BIOLÓXICOS E ECOLÓXICOS: Como xa se dixo máis enriba o OMBÚ atópase nun espazo que podemos considerar excepcional por ser lugar de acceso ao parque municipal do Monte do castro e non haber ningún outro en toda a contorna daquel, no que si hai unha variedade extraordinaria de especies vexetais, pero ningunha da que estamos a falar. Na bisbarra, o antedito estudo documenta outra máis, pero non das dimensións desta.

En canto ao seu porte, e polo que se puido contrastar con outras da súa especie catalogadas como senlleiras: Centro cultural de Santa Cruz de Oleiros e pazo de santa Cruz en Vedra, ningunha destas supera á que nos estamos a referir, ou máis ben se diría que non acadan o seu porte.

En canto ao seu hábitat, aínda que flanqueado polo propio edificio, está nun espazo protexido desde o punto de vista urbanístico e de máximo interese paisaxístico e medioambiental: acceso áo Mirador do monte do Castro, Paseo das Camelias no mesmo parque, cedros, palmeiras, carballos americanos, teixos e outras moitas especies conviven na súa contorna: dentro e fóra do recinto do Instituto, pero ningunha da cal estamos a presentar, e que se ata agora está máis ou menos visible, do que se trata é de facela aínda moito máis e proxectala de cara ao exterior do centro, porque se atopa pegada a esa rúa peonil da que se falou mái enriba e que no futuro ben podía ser coñecido como PASEO DO OMBÚ.

Desde o punto de vista educativo, en tanto que centro de ensino que a acolle, temos a responsabilidade de preservala e dala a coñecer para así legárllela ás xeracións vindeiras como proba da nosa historia e do respecto pola natureza.

Foi así como nestes vinte e tres anos de historia do Instituto, e quizais inspirados por ese espírito que transmmite o OMBÚ, se levaron a cabo moitas iniciativas de carácter medioambiental, por exmplo: O monte do Castro como recurso didáctico, Inmersión no monte veciñal de San Salvador de Coruxo, Colocación de placas identificativas das especies vexetais do xardín..1º Premio do concurso de Confemadera na edición 2015 .(Véxanse documentos anexos)

 

CRITERIOS ESTÉTICOS: Teñen sido varias as interpretacións que se fixeron, por parte do alumnado, como portada para ilustrar a revista editada polo centro e á que deu nome A ÁRBORE, e son moitas as actividades que se desenvolven ao seu abrigo sentados enriba desas raíces prominentes: clases ao aire libre, recitais de poesía, lugar de lecer e de confidencias amorosas, etc. (Véxase documentación gráfica).

Pero, neste caso, deixamos que a voz do poeta arxentino, LUIS L. DOMÍNGUEZ 1810-1898,de xeito fragmentario, nos transmita a súa visión da mesma e que vén a reproducir, en parte, a visión que poderíamos ter calquera que o vise aquí, pero neste caso na Pampa arxentina:

Ten cuidado del pampero,
Que es tremendo su huracán.

Puesto en medio del desierto
El ombú, como un amigo
Presta a todos el abrigo
De sus ramas con amor.
Hace techo de sus hojas.
Que no filtra el aguacero,
Y a su sombra el sol de enero
Templa el rayo abrasador.

Cual museo de la pampa
Muchas razas él cobija;
La rastrera lagartija
Hace cuevas a su pie,
Todo pájaro hace nido
Del gigante en la cabeza,
Y un enjambre en su corteza
De insectos varios se ve.”

 CRITERIOS HISTÓRICOS E TRADICIONAIS: Como xa se dixo con anterioridade, a historia da “NOSA ÄRBORE” está ligada a unha situación que de xeito, máis ou menos cíclico, se repite na sociedade galega desde tempos inmemoriables: A emigración. Se non como se explica que unha única árbore medre nun lugar, illada do seu lugar de procedencia, de non ser por que alguén a trae a Galicia como agradecemento ou homenaxe á terra que o acolleu alén mar. Hai que pensar que o porto de Vigo foi, ata non hai tantos anos, (1950-60) un dos principais lugares de partida de grandes transatlánticos con destino a América e que algunhas das figuras máis senlleiras da nosa cultura, recalaron, voltaron ou morreron alá: Curros Enríquez, Castelao, Celso Emilio… Unha das rúas que dá acceso ao Instituto é a de M. Curros Enríquez (1851-1908), e ata non hai moito tempo un dos bustos de homenaxa ao poeta tamén se atopaba nunha das rúas do monte do Castro, coñecido, precisamente, polo nome da poetisa máis emblemática da Literatura galega, Rosalía de Castro (1837-1885) e dela son os famosos versos de “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” que rebelan o drama da emigración.

Por iso,o feito de que o Centro Galego de Bos Aires agasalle á Casa Museo de Rosalía cunha árbore desa mesma especie non será algo casual, senón profundamente simbólico: por amor, morriña, apego, agradecemento… En todo caso, os vasos comunicantes entre Arxentina e Galicia veñen de vello, e continúan nos nosos días.

 CRITERIOS DE SITUACIÓN: A ubicación, desde logo, parece excepcional, se temos en conta que é única na súa contorna e que non sucede o mesmo con outras que sendo exóticas se reproduciron en grandes cantidades, ben con fins ornamentais ou económicos, pénsese, por exemplo, nas palmeiras, eucaliptos, etc.

Do aspecto paisaxístico, non cabe dúbida que estamos a falar dun dos puntos máis visitados nese sentido, e que de obter a catalogación de ÁRBORE SENLLEIRA, contribuiría a ampliar o interese visual da aba do Castro, da Ría e de todos os espazos que rodean a cidade.

En conclusión, estariamos contribuíndo a manter a súa integridade, a súa saúde e a súa aparencia e que coa protección legal que lle concedería a súa catalogación poder desfrutalo as novas xeracións e perpetuar a súa memoria polo seu valor antropolóxico, estético e cultural, comprometéndose o centro a promover estes valores e a respectar os requisitos derivados de tal recoñecemento.

 espida.jpeg

 Inverno 2016

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo