Convocatoria de Becas Europa

Publicado o 24 Xaneiro, 2017 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Directora

 

O alumnado do  IES do Castro de 1º Bacharelato ten a oportunidade de  participar na convocatoria das Becas Europa.

O centro ten a posibilidade de presentar a 3 candidatos/as para optar a estas becas  (información no folleto adxunto).

Os interesados/as poden presentar a súa solicitude en Secretaría  ata o día 24 de febreiro de 2017: escrito no que manifestan o seu desexo de participar, nome, apelidos e grupo ó que pertencen. O Instituto seleccionará os tres mellores expedientes (notas de 4º ESO + 1º avaliación 1º Bach) entre os que presenten a solicitude e estes poderán optar ás becas mediante os códigos que lles serán entregados.

folleto-convocatoria-becas-europa-xiii.PDF

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo