Novo formulario de xustificación de faltas do alumnado

Publicado o 15 Novembro, 2018 na sección Xustificación de faltas do alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

faltas.jpg

.pdf modelo-xustificante-de-faltas.pdf

O anterior modelo fica obsoleto. Non se admitirá outro distinto.

Tamén están dispoñibles copias do modelo na Conserxería.

Entregar ó/á titor/a do grupo ou en conserxería

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Publicado o 6 Novembro, 2018 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Mar, 06/11/2018 - 11:13

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 7.11.2018.

Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral Pontevedra e a Mariña

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Departamento de Matemáticas: Alumnado con Matemáticas pendentes | Curso 2018/19

Publicado o 4 Novembro, 2018 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Matemáticas

web-castro-pequena.jpg

Alumnado da ESO  con Matemáticas pendentes. Curso 2018/19

Datas dos exames

1ª parte:   luns, 14 de xaneiro

2ª parte:   luns, 13 de maio

Final:        luns, 27  de maio

Alumnado de Bacharelato  con Matemáticas I ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I pendentes. Curso 2018/19

Datas dos exames

1ª parte:   xoves, 10 de xaneiro

2ª parte:   xoves, 4 de abril

Final:        xoves, 11 de abril

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo