Información sobre entrega de notas e prazos de reclamación - xuño 2022

Publicado o 27 Xuño, 2022 na sección Xefatura de Estudos por Alberte Zato

xunho.jpg

 

INFORMACIÓN ENTREGA DE NOTAS E PRAZOS DE RECLAMACIÓNS XUÑO - 2022

Entrega de notas, luns 27 DE XUÑO de 2022,ás 9:15 horas, nas respectivas aulas.

Reclamacións:

  • Presentación de reclamación formal ante a dirección: desde o 27 de xuño ás 9:30 horas ata o 28 de xuño ás 14:00 horas.
  • Entrega á xefatura de estudos dos informes elaborados por cada departamento: mércores, 29 de xuño
  • Reclamacións á Xefatura Territorial: entregarase no centro os dias 30 de xuño e 1 de xullo.
  • Remisión do expediente á Xefatura Territorial a través da Sede electrónica: prazo non superior a tres días dende a entrega da reclamación.
  • Tras o proceso de revisión, e no caso de modificación dalgunha cualificación final, anotarase nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico.

 

 

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Datas de matriculación para o curso 2022-23

    Publicado o 23 Xuño, 2022 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

    datas-matricula-22-23.jpg

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Convocatoria 2022- Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

    Publicado o 15 Xuño, 2022 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional por Alberte Zato

    dp-programme-logo-es-525.png

    O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para realizar o primeiro ano do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional nas modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades e Científico-Técnica, durante o curso académico 2022-2023.

    Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

    - Ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou equivalente no estranxeiro.

    - Ter cursado na ESO as materias do Programa do Diploma nas que se van matricular (ver máis abaixo segundo modalidade e entendendo que sexan materias propias da ESO) e ter conseguido unha nota mínima de 7 en 4º da ESO en todas elas, e unha media na ESO tamén de 7 ou máis.

    A adxudicación de prazas (*) terá en conta o anterior requisito e o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

    O prazo de solicitude estará aberto a partir do xoves 16 ata o mércores 30 de xuño ás 12:00 horas. Realizárase mediante o documento número 2 (impreso solicitude) que haberá que encher e escanear ou fotografiar, e mandar xunto co resto da documentación que indicamos no documento a descargar:

    .pdf

     impreso-solicitude-praza-bacharelato-internacional-2022-ies-do-castro.pdf

     

     

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Fondolibros, axuda libros e axudas material escolar 2022/20233

    Publicado o 26 Maio, 2022 na sección Zona Alumnado, Administración, Convocatorias, Secretaría por Alberte Zato

    FONDOLIBROS, AXUDA LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2022/20233

     books-stationery-61.png

    DOG DO DÍA 18 DE MAIO DE 2022.

    ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

    PRAZO: Remata o día 22 de xuño de 2022. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros ), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Publicación das listaxes provisionais da admisión de alumnado para o curso 2022/2023

    Publicado o 21 Abril, 2022 na sección Zona Alumnado, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

    reserva_praza.png

     

    PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO IES DO CASTRO PARA O CURSO 2022/2023.

     

    Ø  venres 22 de abril no taboleiro de anuncios do propio centro educativo.(NON SE FACILITARÁ INFORMACIÓN TELEFÓNICA).

    [En cumprimento da Lei de Protección de Datos non se permite a toma de fotografías das listaxes] 

    RECLAMACIÓNS:

    Ø  As puntuacións detalladas poderán consultarse na secretaría do centro de 9.00 a 14 dende o venres 22 ata o xoves 28 de abril. 

     

    Ø  As reclamacións ás listaxes poderanse presentar ata o Venres 29 de abril en horario de 9.00 a 14.00 na secretaría do centro. 

     

    Ø  O prazo de Resolución das reclamacións é de 5 días hábiles. 

     

    DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS:

    • Antes do 15 de maio de 2022

     

    A dirección.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Convocatoria do “Certamen Literario de Narración Corta IES do Castro 2022″

    Publicado o 28 Marzo, 2022 na sección Zona Alumnado, Lengua y Literatura castellanas, Convocatorias por Alberte Zato

    [Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1]

    certamen22.png

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    As STEM Women e o alumnado das Seccións Bilingües

    Publicado o 28 Marzo, 2022 na sección Artes Plásticas, Zona Alumnado, Lingua Inglesa por Alberte Zato

    O alumnado das SSBB de 3º ESO estivo traballando dende o comezo de curso nun proxecto interdisciplinar (nas materias de inglés e Plástica e Visual) de investigación sobre as mulleres que deixaron a súa pegada nas disciplinas STEM e que remata coa exposición dos seus carteis e posters co gallo do Día da Muller.

    stem1.jpg

    Parabéns a todo o alumnado participante e ao profesor de Plástica e Visual, Fran Jaraba.

    stem2.jpg

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Información e documentación sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 no IES do Castro

    Publicado o 24 Febreiro, 2022 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

    reserva_praza.png

     

    ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2022/2023

    • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    Prazo: do 1 ao 21 de Marzo.

    Presentación:

    • De forma presencial, en papel na secretaría do centro escollido no primeiro lugar.
    • A través da aplicación de admisión de alumnado (clic a aquí para acceder) con CHAVE 365 ou certificado dixital.
    • Sede electrónica da Xunta de Galicia (CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED550B)

     

    • RECOLLIDA DO IMPRESO E PRESENTACIÓN NO CENTRO:

    A partir do luns día 1 na secretaría do centro:

    1. O día 1 e 2 de Febreiro no horario de 9:30 a 1:00h
    2. A partir do día 3 de Febreiro no horario de 9 a 2:00h

    Toda a información neste

    .pdf

     

     informacion-admision-alumnado-2022-2023.pdf

     

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo