Convocatoria 2022- Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

Publicado o 15 Xuño, 2022 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para realizar o primeiro ano do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional nas modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades e Científico-Técnica, durante o curso académico 2022-2023.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou equivalente no estranxeiro.

- Ter cursado na ESO as materias do Programa do Diploma nas que se van matricular (ver máis abaixo segundo modalidade e entendendo que sexan materias propias da ESO) e ter conseguido unha nota mínima de 7 en 4º da ESO en todas elas, e unha media na ESO tamén de 7 ou máis.

A adxudicación de prazas (*) terá en conta o anterior requisito e o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do xoves 16 ata o mércores 30 de xuño ás 12:00 horas. Realizárase mediante o documento número 2 (impreso solicitude) que haberá que encher e escanear ou fotografiar, e mandar xunto co resto da documentación que indicamos no documento a descargar:

.pdf

 impreso-solicitude-praza-bacharelato-internacional-2022-ies-do-castro.pdf

 

 

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo