Remitido: Charlas ‘Tecnoloxía con sentidiño’

Publicado o 3 Abril, 2024 na sección Remitido, Zona ANPAs por Alberte Zato

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

11ª Convocatoria das Becas Eurolingua

Publicado o 3 Abril, 2024 na sección Zona Alumnado, Convocatorias por Alberte Zato

Aberta a 11ª Convocatoria das Becas Eurolingua

Estos cursos, que están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluido, dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.Poden consultar toda a información da convocatoria picando neste ligazón: Becas Eurolingua. 

  • O programa está becado al 100% e inclúe:
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursiones.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Teléfono de emerxencia 24 horas.
  • Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son:

  • Idade mínima 14 años.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudios: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doutoramentos incluidos).
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE.

O prazo de solicitude para estas bolsas finaliza o 21 de abril. Se teñen calqueira dúbida poden consultar no noso apartado de preguntas frecuentes, respondendo a este e-mail o no noso chat online.

Tamén poden consultar as opiniones dos estudiantes becados nass anteriores convocatorias picando aquí: Opiniones Becas Eurolingua.

Agradecemos difusión entre os que poidan estar interesados.

www.becaseurolingua.com

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo