Proceso de admisión para o curso 2025/26: apertura da secretaría o día 2 de maio

Publicado o 29 Abril, 2025 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

O próximo día 2 de maio, a pesar de ser día non lectivo propio, a secretaría do centro estará abierta de 10 a 13:00 para atender posibles reclamacións á lista provisional de admitidos/as. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Publicación das listaxes de alumnado novo admitido no proceso de admisión para o curso 2025/26

Publicado o 25 Abril, 2025 na sección Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

  • Publicadas xa no taboleiro do IES do Castro as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación. As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado, pero soamente se están admitidas ou non. Precísase DNI e código de solicitude.
  • As puntuacións soamente pódense ver nas listaxes publicadas no instituto. Lémbrese que non está permitido facer fotos das listaxes (Lei de Protección de Datos).
  • Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas antes ou o 15 de maio
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 1º do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional participou con premios na I Olimpiada da Enerxía.

Publicado o 10 Abril, 2025 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

O 9 de abril, o alumnado de 1º do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional, acompañado polas profesoras Dna. Peregrina e Dna. Paloma, participaron na I Olimpiada da Enerxía, na EME da UVigo. Neste certame acadron tres premios. O terceiro premio na proba Kit Arduino, o primeiro premio na proba de Debate e o segundo premio ao Mellor centro educativo participante, estando este último dotado cuanha cuantía de 200 euros.
Noraboa aos participantes.

[Clíquese na foto para vela a tamaño 1:1]

img_20250410_133413.jpg

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exposición sobre escritoras da literatura galega e castelá

Publicado o 6 Abril, 2025 na sección Artes Plásticas, Zona Alumnado, Lingua Inglesa por Alberte Zato

Exposición sobre escritoras da literatura galega e castelá co galo do Día da Muller. É un proxecto interdisciplinar levado a cabo polos grupos bilingües de 3º ESO nas materias de Educación Plástica e Inglés.

[Clíquese nas imaxes para velas a tamaño 1:1]

00f3273a-f8a7-4bb4-a00d-5a59ea133052.jpg

21303b4a-d0a5-4141-a2cb-4f9d656c37aa.jpg

0413208e-eee2-42e7-86d0-358e6b9557e7.jpg

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo