Premios extraordinarios de bacharelato 2024-2025

Publicado o 28 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

premios.png

 O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A). 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reunión informativa sobre o Programa do Diploma do Bacharelato internacional (IB)

Publicado o 16 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 Reunión  informativa sobre o Programa do Diploma do Bacharelato internacional (IB) para todas as familias interesadas.

 Horario: lunes 19 de maio de 2025, ás 18.30 horas no IES do Castro

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Olimpíada Matemática de 2°ESO. Edición 2025

Publicado o 14 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

99a1096c-f37f-4c90-a7dd-94f766c19160.jpg

Parabéns ao alumno Santiago Pérez Carrera (2º ESO D)  que foi seleccionado para a fase final galega que se celebrará en Lugo o día 15 de maio.

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sobre reclamacións de cualificacións de 2º de Bacharelato

Publicado o 12 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Secretaría por Alberte Zato

reclamacion1.jpg

 

instrucion_2_2025_reclamacions_finais_prazos.pdf

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo