Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DATAS

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2026/2027
• CENTRO ADSCRITO: CEP Dr. FLEMING
TODO O ALUMNADO DO COLEXIO DR. FLEMING QUE SOLICITÓ PRAZA PARA O CURSO 2026/2027 NO IES DO CASTRO ESTÁ ADMITIDO
• Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 23 de febreiro.
• Fin renuncias reserva no centro adscrito: 28 de febreiro.
• Publicación de postos escolares vacantes no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo.
• Prazo de presentación das solicitudes no primeiro centro solicitado, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado : do 1 ao 20 de marzo, ou presencialmente no centro do 2 ao 20 de marzo.
• Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 23 de marzo ao 7 de abril.
(só se é maior a demanda que a oferta de prazas avisarase na web do centro o día 23 de marzo. No caso de publicarse “cero” prazas o baremo será obrigatorio).
• Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 27 de abril.
• Reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles dende a publicación: 27 de abril a o 4 de maio.
• Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
As persoas interesadas en realizar impugnacións as listaxes definitivas, poderán presentar recurso de alzada. Prazo de 1 mes contado dende o día seguinte a sua publicación. A resolución da persoa titular da Xefatura Territorial porá fin a vía administratíva.
Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
(no caso de non formalizar a matrícula neste prazo pérdese a praza)
• Presentación de solicitudes fóra de prazo: do 23 de marzo ao 31 de agosto.
Preferentemente antes do 25 de abril, data na que saen as listaxes provisionais.
• Prazo de admisión extraordinaria (segundo o artigo 45 da orde do 21 de outubro de 2022, DOG do 8 e novembro) a partir do 1 de setembro.
Descarga da información en .pdf

datas-proceso-de-admision_26_27.pdf












