Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’
Durante os pasados días 2 a 5 de febreiro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI. A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ ( http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html ) xestionado por Amigos da Terra. Na foto ‘oficial’ podemos ver ao grupo de alumnado, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.

Entre outros contidos traballáronse os seguintes:
-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo
-problemática medioambiental local e global
-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo
-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental
Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:
-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos
-capacidade crítica
-conciencia medioambiental
-responsabilidade persoal e colectiva
-conservación do patrimonio
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









