Concurso Marcapáxinas

Publicado o 19 Febreiro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Alberte Zato

concurso_marcapaxinas_heading.jpg


A biblioteca do I.E.S. do Castro organiza un concurso de deseño dun marcapáxinas (punto de libro ou separador). Nos marcapáxinas ademáis do deseño, deberá figurar un texto. Pódese escribir un lema ou frase que se axuste ao tema proposto. Como suxerencia pódese usar unha frase célebre; se o autor é coñecido  débese  citar o nome do  devandito autor.

concurso_marcapaxinas.jpg

 

 TEMA

 

“Campaña de animación á lectura”.

 

PARTICIPACIÓN

 

Poderá participar neste concurso todo o  alumnado  do I.E.S. do Castro.

 

DIMENSIÓNS E SOPORTE.

 

As dimensións do traballo serán de 297 x 70 mm. Os traballos poden presentarse en papel, cartolina, lámina ou cartón. A técnica será libre (debuxos, fotografías, colaxe, deseño por programas informáticos) pero debe ser facilmente reproducible polos métodos de impresión. Se o deseño se fai dixitalmente pódese presentar nun CD 

 

Os deseños deben ser orixinais

 

ENTREGA DE TRABALLOS

 

Os traballos  entregaranse na biblioteca do centro a calquera dos profesores responsables dela.

Para garantir o anonimato dos participantes, os traballos  presentaranse dentro dun sobre pechado, poñendo un seudónimo (nome inventado). Estes datos irán na parte exterior do sobre nunha zona visible.
Dentro deste sobre, ademais do marcapáxinas, incluirase tamén un segundo sobre pechado  e dentro do cal figurarán os datos persoais do autor (nome, apelidos, curso e número).

 

PRAZO

 

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 17 de marzo ás 13,40 horas.

 

XURADO

 Unha vez terminado o prazo de presentación o xurado  reunirase para facer a apertura dos sobres.

 O xurado estará composto por membros do equipo da biblioteca, profesorado, alumnado, pais/nais, membros do club de lectura. A calidade e orixinalidade dos traballos, serán os criterios en que se basará o xurado para o fallo dos premios.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios, se ao seu xuízo as obras presentadas non reúnen a suficiente calidade.

 

FALLO DO XURADO

 

O fallo do xurado darase a coñecer entre o día 12 e 16 de abril. A entrega de premios terá lugar o día 23 de abril facéndoo coincidir coa celebración do  Día Internacional do Libro.

 

PREMIOS

 

Primeiro premio de 50€ (en libros, música ou material informático)  segundo premio 30€ e  terceiro premio de 20€.

Ademáis do premio, o marcapáxinas gañador será reproducido para entregalo ao principio do curso seguinte ao alumnado e  profesorado do centro.

EXPOSICIÓN

Os traballos presentados, ou ben unha selección deles, poderán ser expostos a través da  páxina web o nalgún espacio da biblioteca o do instituto.

 PROPIEDADE

Os traballos presentados quedarán en propiedade da biblioteca, que se resérva o dereito da súa reprodución.

A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

   O equipo de biblioteca

Vigo 27 de xaneiro 2010

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo