Unha de gregos e troianos

Moitas son as versións cinematográficas, dende os comenzos do cine ata os nosos días, da moi afamada Guerra de Troia.
Alumnos/as de grego, sei de certo que todos vós “disfrutades moito” lendo as aventuras e desventuras de Aquiles o dos pés lixeiros, sufrides coa morte de Héctor, o de tremolante casco , e mesmo desaprobades a actitude de Paris, o fillo de Príamo , cando se nega a loitar con Menelao , o esposo de Helena, a de fermosas meixelas.
Sei de certo que se Homero erguese a súa cabeza, permitídeme recurrir ao máis puro estilo épico, tería esta versión de Guerra de Troia como a máis impresionante, indescriptible e inesperada de todas as baseadas neste imperecedeiro mito.
Espero que agora disfrutedes con esta épica adaptación.
Así falan e así se moven os sempiternos deuses, os valerosos troianos e os aqueos de fermosas grebas.
Para velo a pantalla completa clique na icona
Infografía: Alberte Zato











Publique un comentario
Debe estar conectado para publicar un comentario.