Febreiro 2010. Novas de CAS

Publicado o 26 Febreiro, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Os seguintes proxectos, entre outros,  sucederon ou están en marcha este ano

Voluntariado lingüístico

Varios grupiños continúan este valioso traballo no centro co asesoramento do profesor XX Sande Suárez ou a propia coordinadora de CAS. Durante un recreo á semana, alumnado de CAS ofrece á súa axuda a alumnado que precisa practicar unha lingua na que por diversos motivos ten algunha deficiencia. Os intercambios sempre resultan interesantes, xa que acaban indo en dúas direccións: aprendizaxe de habilidades sociais e lingüística para ambas partes.

p1070121.JPG

Grupo de AI

Este grupo renovóuse coa participación de alumnado de 1º E. No primeiro trimestre participaron nunha campaña contra a pena de morte. No instituto realizaron unha serie de actividades preparatorias, e o día 24 de novembro participaron nunha ‘acción de rúa’ na Praza da Constitución, como se recolleu no Faro de Vigo e na Voz de Galicia. A profesora Lucía López Bejo encárgase este ano do asesoramento a este grupo.

Na foto podemos ver algúns dos momentos do ‘xogo contra a pena da morte’.

p1070116.JPG

Nos próximos días levaráse a cabo  unha nova campaña deste grupo. Neste caso no propio instituto. Mirade nos taboleiros das aulas

Campaña 0.7 e Festa de Acción Intercultural

Durante parte do primeiro trimeste un grupo de alumnado CAS levou a cabo este proxecto, investigando os Obxetivos do Milenio e  promovendo a Campaña do 0.7 no centro, co asesoramento das profesoras Lurdes García Vázquez  e Concha Otero Alonso. Na xornada do 22 de decembro, co apoio da vicedirectora Irene e do Dpto de Tecnoloxía,  levaron a cabo unha celebración do fin de trimestre, con diversas actividades incluíndo a actuación de grupos musicais do centro, entre eles Hombrecito Rock Band que presentou letras e música de creación propia e contido axeitado á ocasión. O profesor Xurxo Domonte Pereiro encargóuse do asesoramento musical deste grupo.

Colaboración con HUMI

http://www.onghumi.com/

Este ano o ‘rastrillo’ de Nadal de HUMI tivo lugar na antigua sede do Colexio de Arquitectos. A súa celebración contou de novo coa colaboración de alumnado CAS. Nas fotos algún dos artigos da exposición para a venta

88reducida.jpg

62reducida.jpg

As Corcerizas

Máis fotos desta interesante actividade CAS no Centro Medioambiental de As Corcerizas.

 

senderismo.jpg

compost.jpg compost2.jpg compost3.jpg
muino3.jpg muino4.jpg muino1.jpg muino2.jpg

Save the Frog

O proxecto de reciclaxe de papel nas aulas iniciado por alumnado de 2º E segue adiante semana a semana. As veces a colaboración dalgunhas aulas podería ser mellor, pero globalmente o proxecto é un éxito e unha boa parte do alumnado está a amosar o seu interese pola protección do medioambiente a diario. Pequenos xestos individuais poden sumar moitos kilos e significar moito! Estes días renóvase o equipo que se encarga da recollida con alumnado de 1º E. Pregamos se disculpen os pequenos fallos iniciais, pero   agradeceremos calquera  información sobre os mesmos, para intentar subsanalos.

Implicadas no desenvolvemento

Un grupo de alumnado CAS colaborou con esta organización para reorganizar e digitalizar a biblioteca desta ONG na súa sede de Vigo. Tamén realizaron outras tarefas de organización relacionadas coa venta de productos na mesma sede. Foi un bo modo de aprender máis sobre os países non desenvolvidos e os modos en que podemos colaborar  para mellorar as desigualdades no mundo.

Sábado 27 de febreiro             Día Mundial das Enfermidades Raras

Alumnado de CAS vai colaborar co conmemoración deste día, durante o desenrolo dunha xornada organizada pola asociación ASEM- Galicia, (Asociación Galega contra las Enfermedades Neuromusculares ) no Museo Verbum.

http://www.asemgalicia.com/index.html

Cartel da xornada

cartel-colaboradores-horizontal-3.doc

Axuda a Haití
Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro un grupo de CAS levou a cabo unha campaña de concienciación e recollida de fondos para enviar a Haití. Houbo petos na cafetería, na entrada do instituto e na biblioteca, unha presentación dixital proxectada no vestíbulo e carteis alusivos por todo o centro.

cartel-pequeno1.pdf

Onte día 25 procedeuse ao reconto público da axuda entregada. Hoxe mesmo, fixéronse os ingresos correspondentes nas contas das tres ONGs que se propuxeran na campaña:

Cruz Roja Española                 91.43 euros

Médicos sin Fronteras           91.43 euros

Fundación UNICEF                91.44 euros

Grazas pola participación!

Mediación

O curso de mediación organizado polo Dpto de Orientación vai iniciarse neste mesmo trimestre coa participación de seis novas persoas de 1º E –aparte de alumnado doutros cursos. Conta coa colaboración do Equipo de Mediación xa en activo.

Liga Interna de Fútbol e Baloncesto

Coa colaboración de alumnado CAS así como do Dpto de EF vólvense a levar a cabo este curso estas ligas internas durante os recreos e algunhas tardes.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo