Exposición: Concurso ” Elabora o teu libro “

EXPOSICIÓN E VOTACIÓN
CONCURSO
“ELABORA O TEU LIBRO”
Na biblioteca do centro estanse a expoñer os libros elaborados polo alumnado que participou nesta convocatoria feita pola biblioteca do IES do Castro.
Ábrese o periodo de votacións.
Dúas son as categorias nas que participan os libros dos nosos ” artesáns-libreiros “:
- O libro máis ecolóxico
- O libro máis orixinal ou elaborado.
Tócanos a nós,a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal de administración ), premiar o esforzo e orixinalidade dos participantes.
Votacións:
Do 19 ao 21 de abril podedes votar na biblioteca . A vosa disposición haberá unhas papeletas onde anotaredes o número do libro que consideredes máis elaborado e o máis ecolóxico.
Ánimo e a votar.
O esforzo dos participantes merece o voso voto.
Entrega de premios do Concurso de Marcapáxinas e do Concurso ” Elabora o teu libro “:
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Graciñas anticipadas pola vosa colaboración.
Imprimir este Artigo









