Grupo Escolar AI- Conferencia
O defensor dos Dereitos Humanos Celestina AkpoBari , que estará en Vigo para dar unha conferencia no Centro Social Caixanova, tamén estará no IES do Castro, nun acto organizado polo Grupo Escolar de AI: será o próximo xoves 22 de abril ás 12.30 da mañá, e falará para unha boa parte do alumnado de 1º de Bacharelato na sala de conferencias.
AkpoBari loita para que as empresas responsables da situación no delta do Río Níxer asuman a responsabilidade da contaminación que producen coa súa actividade. Nesta rexión africana prodúcese unha íntima relación entre a extracción petrolífera por parte de empresas multinacionais e a pobreza da poboación autóctona.
Amnistía Internacional pide ao goberno de Nixeria que garantice a protección dos Dereitos Humanos e do medio ambiente, tamén pide ás principais empresas extractoras que fagan realidade os seus compromisos públicos co medio ambiente e cos Dereitos Humanos.
Máis información
http://en.afrik.com/article16283.html
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









