II Liga CAS de Baloncesto e I Liga CAS de Fútbol

Publicado o 30 Abril, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Por segundo ano, o espíritu de servizo a comunidade do alumnado CAS queda especialmente reflexado neste proxecto que se logrou manter ao longo de varios meses. Enfrentándose ao traballo semanal o alumnado implicado está a desenvolver e practicar a súas capacidades en relación á súa autonomía, constancia, disciplina e compromiso, ao mesmo tempo que promociona a práctica do deporte.

Asesorados polo Departamento de E.F., catro persoas de 1º E (Álvaro Rodríguez Cruz, Adrián García López, Pablo Ríos Yáñéz, Antón Ramil Rodríguez ) formaron o equipo CAS que deseñou e está a xestionar a II Liga Interna de Baloncesto para 1º, 2º e 3º da ESO celebrada durante este curso académico. David Álvarez Fernández tomou recentemente a responsabilidade de ocuparse da información gráfica e difusión da Liga.

Nas fotos algúns momentos dun dos partidos na hora do recreo.

img_0242-reduced.JPGimg_0237-reduced.JPGimg_0241-reduced.JPGimg_0230-reduced.JPGimg_0232-reduced.JPG

Os partidos finais desta Liga xogaránse na 2ª semana de maio e a entrega de premios fárase o día 14 de maio coa celebración do Día das Letras Galegas.

Tamén co asesoramento do Departamento de E.F., cinco persoas de 2º E (Estela Gómez Gómez, Alma Meira Valdés, María Bragado Paz, Oscar Carrera Alonso, Mar Coto Alonso) xestionaron a organización da I Liga CAS de Fútbol da cal se celebrou a final o pasado día 16 de abril.

Tamén o mesmo día 14 de maio faráse entrega das medallas aos equipos gañadores da Liga de Fútbol, 1º posto para ‘O porto de Vigo’ e 2º posto para ‘Juani’s’.

A través deste tipo de actividades, autoiniciadas e autogestionadas, o alumnado do BI desenvolve novas habilidades na línea da escoita activa, a capacidade de diálogo e convivencia, e tamén pon a proba e desenvolve a súa capacidade estratéxica e organizativa.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo