Actividades do grupo de AI- Seguindo a estela de Ken Saro-Wiwa

Publicado o 28 Abril, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O pasado xoves 22 de abril, tivemos o pracer de escoitar unha charla a cargo do activista nixeriano Akpobari Nkabari Celestine, que podemos ver na foto

img_0056_editado-1.jpg

Podedes consultar os seus datos biográficos en

http://www.ogoniforum.org.za/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=2

Akpobari Nkabari Celestine diríxiuse a nós en inglés. A charla, producíase cunha tradución simultánea ao castelán por parte de Lara, a intérprete que o acompañaba.

Celestine está facendo unha importante viaxe por Europa para dar a coñecer a precaria situación que vive a xente Ogoni (raza minoritaria nixeriana a que el pertence) polo abuso das petrolíferas. Relatounos como a xente trata de loitar polos seus dereitos, pero, como o goberno (doutra raza maioritaria), non os apoia e ademais é corrupto, xa que a maioría dos integrantes reciben beneficios das petrolíferas. Destacou, como a vida antes de chegar as petrolíferas, era razonable no Delta do Níxer, nunha economía primaria de autosuficiencia e que cando chegaron estas, vendéronlles un soño que xamais se cumpriu, polo contrario, empeoraron as cousas, xa que as petrolíferas destrúen os campos, bota fumes tóxicos, e a xente nativa, non obtén ningún tipo de beneficio.

Por qué Celestine ven a España? Porque España é un dos principais compradores de petróleo das empresas nixerianas e o noso goberno non lle esixe ás mesmas o cumprimento dos dereitos humanos en Nixeria. Celestine tratounos de abrir os ollos ante a situación e concienciarnos do que nós podíamos facer.

Celestine, continua o traballo de Ken Saro-Wiwa, un activista nixeriano que morreu por esta causa, de feito, tamén Celestine foi arrestado e maltratado pola policía nixeriana xusto antes de partir para Europa, nun suposto intento do goberno para que a situación non saia a luz.

A charla foi moi entretida, e o alumnado asistente mostrouse moi interesado no tema, formulando preguntas de gran interese: cómo podemos contribuír, cómo debe cambiar o goberno nixeriano, qué perigos pode ter facer unha campaña, onde está o problema -se no goberno ou nas empresas-, etc. Celestine contestou a todas elas moi amablemente.

Dende aquí dámoslle as grazas a Celestine por vir ó instituto e a Amnistía Internacional, por darnos a oportunidade de que el viñera. Nas fotos algúns momentos da charla e máis tarde, xunto ao ombú do xardín do instituto

img_0035_editado-1.jpgimg_0048_editado-1.jpgimg_0054_editado-1.jpgimg_0086_editado-1.jpg

img_0091_editado-1.jpgimg_0093_editado-1.jpg

Quen queira máis información pode consultar a páxina web: http://www.ogoniforum.org.za/ ou poñerse en contacto con calquera membro do grupo de AI do instituto. En calquera dos dous casos poderá encontrar moita información de cómo axudar. Nas fotos algúns dos membros do grupo durante a charla.

img_0031.jpgimg_0033_editado-1.jpg

Leticia López e Tatiana Costas.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo