Letras Galegas 2010

Publicado o 13 Maio, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

                dibujo.jpg                  

O Día das Letras galegas estará adicado ao poeta Uxío Novoneyra, o poeta  do Courel. dende a biblioteca e para celebrar esta data temos unha selección de libros das poesías do homeaxeado, e algúns ensaios sobre a súa vida e a súa obra.

Na planta baixa do centro están a vosa disposición unha serie de títulos do poeta e outras novidades editoriais en lingua galega que podedes levar utilizando o sistema de autopréstamo.

Recordade que temos convocado un concurso de caligramas en lingua galega, e que a próxima semana remata o prazo de presentación. Os caligramas recóllense na biblioteca.

Emlaces de interese sobre o poeta:

LIÑA DO TEMPO DE UXÍO NOVONEYRA

PÁXINA OFICIAL DO POETA

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo