VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER

Publicado o 13 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

0035.jpg

Marcos Calveiro presentando a súa novela O canto dos peixes ao alumnado de 1º da ESO

BIBLIOTECA:    VERÁN  DE LER, VERÁN DE LECER

Cando se publicou o cartafol anterior da Biblioteca, coincidía este coa primavera e desexabamos mil primaveras máis para a lingua e a lectura porque os tempos non eran moi propicios nin para unha, nin para a outra; agora que estamos ás portas do verán é hora de facer balance do curso e tamén de recordar que  o estío non é para esquecer os hábitos de lectura  adquiridos aínda que algunhas  das lecturas fosen  obrigatorias e outras por lecer.

En canto á avaliación hai que lembrar que este é o primeiro curso no que a BIBLIOTECA ten existido no sentido máis amplo da palabra e, polo tanto, tamén, en certo modo, de asentamento e de aplicación de todos os recursos que co Plan de mellora de Bibliotecas se levan realizado nas dúas últimas edicións en canto a equipamento e infraestrutura. Polo tanto, cremos que hai moitas cousas por facer, pero tamén unha certa satisfacción do deber cumprido por parte das persoas que integran o equipo de Biblioteca e que no vindeiro curso deberemos poñer en práctica o Plan lector do centro no que hai que contar de xeito ineludible co equipo de profesorado e,de maneira especial, cos responsables dos Departamentos. Vaia desde aquí a chamada a todos nós para que ese Plan sexa unha realidade. Non esquezamos que, á parte de que se estea de acordo ou non co Decreto que regula os centros de Secundaria, todos os Departamentos deben contar cun  programa de lecturas para a ESO e reservar semanalmente un tempo á LECTURA. O verán pode ser unha boa ocasión para iniciar esa escolma de lecturas e propoñelas para o novo curso.ADIANTE.  

Marcos anuncia a aparición das seguintes novelas: O sombreiro de malvas e Settecento, as dúas en Edicións Xerais.     

ACTIVIDADES

O fomento da lectura por parte da Biblioteca parece unha obviedade, pero non o é tanto se temos en conta que aquela ten na actualidade outra dimensión en canto aos soportes da información e da formación de opinión. Os libros, as revistas, os xornais, os cómics, os Dvd son importantes, pero tamén o é a Internet, e a pouco que isto siga así xa logo haberá que pensar no libro dixital. Pero, quizais tanto ou máis importante é o uso adecuado deses recursos e para iso está a formación de usuarios para que de xeito crítico se saiban achegar a todos eles. Niso estamos.Amén dos innumerables concursos e exposicións de materiais bibliográficos cando así se aconsellou (Letras galegas, Día mundial da poesía, Día do libro, Caligramas, etc.)

LIBROS - FOLERPAS DE NOVONEYRA. BIOGRAFIA E ANTOLOXIA LIBROS - UXIO NOVONEYRA

Outras vías para fomentar a lectura son, por exemplo, a existencia dun CLUB DE LECTURA, que desde hai tres anos vén funcionando no Instituto e no que veñen participando, con mellor ou peor fortuna, todos os sectores da Comunidade educativa. A dinámica desta edición pasou polo comentario de tres obras, entre as que destacamos a de Marcos Calveiro, Festina lente, que ademais de contar coa súa presenza tamén foi unha das razón para viaxar a Santiago e visitar algúns dos lugares polos que se moven os protagonistas. O grupo de “infantil” abordou lecturas máis en consonancia coa idade: “O neno do pixama a raias” e  ”Endrina ou o segredo do peregrino”.De cara ao VERÁN  o que imos propoñer aquí só son unhas pequenas suxerencias e informar de que periódicamente se veñen adquirindo materiais, sobre todo LIBROS, pero non exclusivamente.Por exemplo, se ten incrementado de xeito exponencial a incorporación de DVDs, algúns clásicos e outros moi actuais. Non somos quen de dicir o que se debe ler, pero si o que está disponible para ler ou ver.NOVIDADES:

Cando empregamos neste contexto o termo NOVIDADES é para referirnos non tanto aos títulos de actualidade, -que tamén-, pero sobre todo para informar dos libros recibidos, porque pode ser algún que non existise e que se considera fundamental para unha Biblioteca escolar.                                   

   Lingua galega

Foron varios os traballos de investigación e reedicións da obra do poeta Uxío Novoneyra,homenaxeado nesta edición das Letras galegas, e que o Instituto realizou a súa peculiar homenaxe coa visión ofrecida por profesorado e alumnado. O que queira  pode pasar pola Biblioteca para ver case todo o que se publicou sobre el.

E iniciamos esta escolma coa recén publicada obra de Marcos Calveiro :O pintor do sombreiro de malvas e Settecento, ambas as dúas en Xerais.

 Paula Carballeira: O lobishome de Candeán. Galaxia                                                 

LIBROS - OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ LIBROS - KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

J.Sierra y Fabra: Kafka e a boneca viaxeira.

Edit. GalaxiaJaureguizar: Corazón de chocolate. Edic. Xerais

A.  Fariña: Megatoxos e a espada esmeralda. A nosa terra.

Carlos Freire: Acio sanguento. Edic. Xerais

Agra: O recendo das mimosas. Edic. Xerais

CASTELÁN:   

Ensaio:  

 La caballería  // Antes del big bang

A. Manguel: El legado de Homero. Edit. Debate.              

 FICCIÓN:               

 LIBROS - LEER ESPAÑA: UNA HISTORIA LITERARIA DE NUESTRO PAIS LIBROS - LOS OJOS AMARILLOS DE LOS COCODRILOS

 

S. Meyer: La segunda vida de Bree Tanner. Edit. Alfaguara

Varios: Cada vez más extraña-Emily. Edit. SM

K. Pancol: Los ojos amarillos de los cocodrilos. La esfera de los libros

E. Kedros: Chicas del Olimpo. Dit. El molino.

R. Saviano: Gomorra. Edit. De Bolsillo                       

                         Ollo! Non están todos. Acude á Biblioteca!

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo