Tempo de Samaín

Publicado o 27 Outubro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

o 31 de outubro celébrase o Samaín. Noite de bruxas, sapos e díaños.Nesta noite, din que se aproximan dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín?.

 A noite do 31 de outubro, celebrábase o aninovo celta, o paso do outono ao inverno. Os druídas, a súa casta sacerdotal, cocían baias nos caldeiros e facían pocimas máxicas e curativas.

Nos días previos todas as familias facían sacrificios de animais, unha especie de matanza, non só,como un acto relixioso, senón tamén para aprovisionarse cara ao duro inverno.

 Iluminaban as súas casas para que as ánimas dos seus antepasados non se perderán na escuridade da noite e puidesen chegar ao seu fogar.

A historia da caveira:

Nun pobo irlandés vivía un monxe chamado Jack. Era un home alto, fraco, e coñecido polas súas maldades.Conscente da súa condición mortal , fixo un pacto co demo.Cando chegara a súa derradeira hora, non iría ao inferno.Cando morreu, non conseguíu entrar no ceo e reclamoulle ao demo. Este nada puido facer, só déulle un nabo oco, cheo de carbón, para se iluminar mentras a súa ánima encontraba un lugar para o seu descanso.Dende este momento pasou a ser coñecido como Jack o da lanterna.

Cando os colonos irlandeses chegaron a América, levaron consigo as súas tradicións, entre elas, a historia de Jack o da lanterna. Ao chegar coñeceron a cabaza, e pouco a pouco substituiron o nabo por unha cabaza, que cortaban, baleiraban, decoraban en forma de monstro e puñianlle dentro velas para espantar a ánima de Jack que por sempre segue a buscar un fogar onde facer reposar a súa ánima  

 

samain_cabazas.jpg

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo