Grupo Escolar A.I.

Publicado o 30 Novembro, 2010 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Texto de Leticia López e Carla Corbal

Fotos de Antía Fernández

dsc00825.JPG

O pasado venres 26 de novembro, o grupo de Amnistía Internacional do IES do Castro levou a cabo unha ‘acción’ pública durante a hora do recreo coa fin de que participara nela o alumnado do centro:

Unha serie de actividades sucederon durante esta media hora. A que máis chamaba a atención era un parchís humano en contra da pena de morte.

dsc00785.JPGdsc00786.JPG

No xogo, cada unha das persoas participantes colocábase nunha das esquinas do taboleiro e, cada vez que avanzaba unha casilla, tiña que ler un fragmento da historia dun condeado a morte de forma inmerecida.

Desta forma, este xogo axudounos a comprender que a pena de morte é un castigo inxusto. Ademais, nalgúns países aplícase esta condea sobre persoas polo mero feito de ser muller, pertencer a outra raza ou relixión ou por ter unha tendencia sexual diferente.

A actividade tivo bastante éxito entre o alumnado máis novo, que participou con entusiasmo, o que fixo que o grupo escolar de AI se sentira satisfeito cos seus esforzos; en definitiva todas as persoas participantes ou organizadoras divertíronse moito.

Aparte disto, coa fin de incentivar o interese na actividade, e de facilitar información sobre a pena de morte:

-instalouse un mapamundi amosando os países onde se aplica a pena de morte

-un mural  para que a xente deixase a súa opinión respecto da pena de morte

-nunha mesa expoñíase información varia sobre A.I. e ofrecéronse impresos para asinar en contra dela.

-unha pantalla amosaba un vídeo informativo

En definitiva, a experiencia foi realmente enriquecedora para todas as persoas implicadas; esperamos poder repetila e contar aínda con maior participación.

dsc00828.JPGdsc00777.JPGdsc00779.JPG

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo