Campionatos de vela

Publicado o 19 Xaneiro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

O alumnado de 1º ESO asistiu o pasado mércores 12 de xaneiro a unha charla sobre o deporte da vela impartida por alumnado de CAS. Esta clase ‘especial’ de EF tiña como obxetivo transmitir a importancia dunha vida sana e activa así como colaborar na integración deste alumnado na comunidade educativa, acercándolles neste caso a un maior coñecemento do Bacharelato Internacional e das actividades CAS en particular.

147-pequena.JPG

Pablo Ríos e Alejandra Celada –ambos expertos navegantes- estiveron a cargo dunha charla que resultou moi interactiva e interesante, xa que o alumnado de 1º ESO tomou unha actitude moi participativa.

Pablo leva competindo dende o ano 2007. Ten acadado dúas veces o terceiro posto no campionato galego de cadete e o mesmo posto no campionato de España. Na categoría Snipe participou no campionato europeo, entrando no undécimo lugar.

 150-pequena.JPG

Alejandra leva competindo dende o ano 2005. Foi campiona galega en Optimist en 2008, campiona de España en cadete en 2009-10 e subcampiona de Europa en cadete en 2009.

 148-pequena.JPG

Na súa presentación amosaron con entusiasmo como a vela pode ser un modo de vida sano e divertido e suliñaron as posibilidades de entrar en contacto con outras persoas e de aprender a traballar en equipo.

Entre outros falaron dos seguintes temas:

-as distintas categorías de vela e as súas características

-como se move un barco contra o vento

-a importancia do exercicio físico

-os distintos tipos de campionatos en vela

Tamén compartiron algunhas experiencias das competicións nas que teñen participado, deixaron entrever a responsabilidade e esforzo necesario, e a aprendizaxe de distintas destrezas a partir da práctica do deporte.

Algunhas fotos da sala de conferencias durante esta charla

 152-pequena.JPG149-pequena.JPGdsc00151-pequena.JPG

Ligazóns de interese:

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo