Convocatoria de proba escrita para alumnado coa materia de inglés 1º de Bacharelato pendente

Convócase o alumnado que se atope nas condicións sinaladas no título deste artigo, e que non aprobaron ou non se presentaron á proba do mes de febreiro 2018, á realización dunha proba escrita.
Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario e estará baseada nos contidos mínimos para este nivel da Programación Didáctica deste Departamento e tamén nas probas anteriores.
Lugar, data e hora:
Probas para pendentes de 1º de Bacharelato: Aula 211
-
Luns, día 23 de abril do 2018, ás 18.11 horas.
No caso de non supera-la proba ,(5 puntos ou máis), no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, pero evidentemente non poderá aprobar a materia de Inglés 2º de Bacharelato ata superaren o nivel previo .
Imprimir este Artigo









