Explorando o proceso da creatividade nas artes plásticas

Publicado o 15 Xuño, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Texto de SILVIA QUEIRO E MARY DACASA

O pasado Luns día 30 de Maio, o grupo de primeiro de Bacharelato Internacional máis outras alumnas do centro interesadas, acudiron á charla de Loreto Blanco, profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, sobre a creatividade.

 

foto1.JPG

Ó principio ensinounos as súas obras no ordenador, dende a súa páxina web, explicounos en que consistían e exemplificou con imaxes. Máis adiante mostrou unha gran proximidade cara a nós cando nos ensinou outras das súas creacións -da serie ‘Pinemas’- pero de forma que as puidéramos tocar e sentilas doutra forma que coa vista.

 

foto2.JPGfoto3.JPG

Ela definiu a creatividade baseándose na súa experiencia e na súa opinión. Para Loreto, a creatividade está relacionada cunha enerxía interna que todo-los seres humanos temos, un potencial creativo que segundo ela necesitamos facer espertar e que supón unha serie de valores internos que van máis alá de todo aquilo relacionado co diñeiro, o poder, etc. A partir desta definición sobre a creatividade, Loreto explicounos como todo-los seus proxectos artísticos se baseaban esencialmente nela.

 

Na súa primeira serie de obras chamada “Puestas de luz” explicounos que o que pretendía era poñer luz nas zonas do noso corpo que están bloqueadas, sen vida, oprimidas. Nun principio non se sentía coa capacidade necesaria para afrontar o proxecto, xa que non tiña experiencia nesta clase de traballos e era algo completamente novo para ela, pero aprendeu a desenvolver potenciais tales como a humildade, a confianza nela mesma e a creatividade. Colleu experiencia suficiente e observou a evolución do seu traballo comparando as primeiras obras coas últimas.

 

foto4.JPG

 

Outra serie de obras das que falou foi de “Quiescentes” coa cal quería representar as inquietudes das persoas, o estado de inexpresión no que nos atopamos cando queremos facer algo pero non podemos debido a diversos motivos. Comparaba esta obra cunha bolboreta: no paso de verme a bolboreta, ós nosos ollos parece que o ser non experimenta ningún cambio, pero é evidente que algo está a pasar aí dentro xa que de un verme pasa a ser unha bolboreta. Outra das súas series da que falou é a chamada “Donde buscamos la luz” coa que pretende representar e darlle significado a cada unha das miradas das persoas que varían dependendo da orientación na que se miran.

 

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo