II Concurso de Felicitacións de Nadal
CONCURSO de Felicitacións Nadal 2011
MODALIDADES:
A) FELICITACIÓNS INFORMATIZADAS (en powerpoint, flash, …).
B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).
CATEGORÍAS:
I.- 1º, 2º e 3º da ESO
II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO
PREMIOS:
50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado
BASES:
1. Poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.
2. Deberán ser traballos orixinais, e en galego.
3. Nalgún lugar deberá aparecer o nome e/ou logotipo do “IES O Castro de Vigo”.
4. As felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.)
5. O xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
6. Os traballos presentados serán expostos nas instalacións do centro e na web do instituto.
7. O prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro, e o fallo do xurado farase público o día 21 dese mes.
8. Os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
9. O xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.
Imprimir este Artigo