Novidades na biblioteca do IES do Castro

Publicado o 19 Febreiro, 2008 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

Con esta sección preténdese manter informada á comunidade educativa do IES DO CASTRO sobre as novidades incorporadas ao fondo bibliográfico para a consulta in situ ou para o préstamo a domicilio entre todos os que forman a antedita Comunidade.

Xa é de todos sabido que hai algúns libros de consulta obrigada na Biblioteca e outros aos que se pode acceder para o uso a domicilio, e entre estes procúrase que aqueles que son de lectura obrigatoria para as diferentes materias que se conte cun número o máis elevado posible porque como é habitual coincide a demanda do mesmo título como mínimo en todo un grupo, aínda que se procura alternar os títulos ao longo do curso entre os distintos grupos do mesmo nivel. Por iso é tan importante que se saiba que polo feito de que o profesorado esixa a lectura dun determinado título non supón obrigatoriamente a compra dese libro, senón que o que se esixe é que o lea e que polo xeral soe disporse de varias unidades.

No curso que andamos, e logo de poñerse de manifesto unha situación de precariedade co informe PISA con respecto ao nivel de lectura entre a poboación escolar, incorpórase aos centros a necesidade de contar cun Plan Lector e así se iniciou a tarefa en diferentes frontes: bibliotecas de aula para 1º e 3º de ESO, clubs de lectura para os diferentes niveis de participación no sistema educativo, etc. O noso centro está a poñer en práctica algunhas destas accións e preparando outras novas (recunchos informais de lectura, lectura do xornal, cómics, revistas, etc.). Por iso, propoñemos desde a páxina do Instituto a dinamización da lectura mediante a información daquelas novidades máis recentes ou de títulos clásicos que nos diversos soportes editoriais resulten atractivos e impliquen ao maior número de alumnado (Revistas, xornais, cómics, novidades,etc).

Nesta primeira entrega preséntanse algunhas destas novidades de recente incorporación:

CÓMIC: Tin-tin; Astérix e Obélix; Mortadelo e Filemón; Simpson…

NOVELA: Un mundo sin fin (Ken Follet); O neno do pixama a raias (John Boyne); Los crímenes de Oxford (Guillermo Mnez); El asesinato de la profesor de lengua (Jordi Sierra); El ejército negro ; Cuentos y leyendas de : héroes de la mitología, del miedo, de los enigmas de la historia, etc.

POESIA: Poetízate (Antoloxía da poesía galega).

ENSAIO: El maestro invita a un concierto; El libro de las ilusiones ópticas; El viaje de Teo; La cultura: todo lo que hay que saber; 1001 libros que hay que leer; Matemagia; Momentos estelares de la ciencia; Grandes ideas de la ciencia.

Todas estas incorporacións recentes, aínda que algunhas delas xa existían, queren actuar de chamada de atención e de reclamo para que o tren da lectura implique cada vez a máis persoas. Non esquezamos que esta semana recibiremos algún exemplar da que parece ser a derradeira entrega de Harry Potter en versión galega e castelá; polo tanto agardamos a vosa reserva para poder lelo.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo