Convocatoria de Xuntanza Xeral da ANPA Outubro 2012

Publicado o 14 Outubro, 2012 na sección Zona ANPAs por Alberte Zato

atencion.jpg

A.N.P.A. IES DO CASTRO - CONVOCATORIA XUNTANZA XERAL ORDINARIA

Luns 22 de outubro ás 18:30 horas na Sala de Usos Múltiples do IES O Castro

Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.
2.- Lectura e aprobación, se procede, do Informe de actividades do curso 2011/2012.
3.- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas do curso 2011/2012.
4.- Proposta e aprobación, se procede, do Plan de actuacións e actividades da ANPA no presente curso.
5.- Proposta de actuacións en defensa da calidade no ensino público.
6.- Proposta e aprobación, se procede, do orzamento do curso 2012/2013.
7.- Rogos e preguntas.

A reunión é aberta á participación de tódolos pais e nais, aínda que o dereito de voto esta limitado aos socios da ANPA. Os asistentes poderanse asociar persoalmente na asemblea, cubrindo a ficha da asociación (.pdf descargable desde aquí). Pregamos leven o importe exacto da cuota = 6 €/familia/curso).

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo