Regulamento TROCA-LIBROS da ANPA do IES do Castro
O Regulamento do troca-libros está no seguinte PDF:
Regulamento Troca-libros da ANPA do IES do Castro
NOTA AOS PAIS/NAIS E AOS ALUMNOS/AS DO IES dende a ANPA IES DO CASTRO
Sexas ou non socio da ANPA, se queredes participar no banco de libros de texto do IES, as datas definitivas son as seguintes:
Período para doar e traer os libros ao IES : XOVES 27 de XUÑO, das 10:30 ás 12:00 e das 17:30 ás 19:00; e o VENRES 28 de XUÑO, das 10:30 ás 12:00.
Período para recoller os libros : MÉRCORES 3 de XULLO, das 10:30 ás 12:00 e das 17:30 ás 19:00; e XOVES 4 de XULLO, das 10:30 ás 12:30.
Se queres participar coma voluntario/a na organización disto, envíanos un email ao buzón da ANPA anpaiesdocastro@hotmail.com. Podes encontrar as normas na web do IES.

