Cambio de ubicación das ligazóns dos blogues relacionados co IES do Castro
As ligazóns dos blogues e sitios webs co-oficiais relacionados co IES de Castro foron cambiados de ubicación neste sitio web.
Agora atópanse na barra lateral dereita, debaixo dos 10 Últimos Artigos publicados…
Nota: En aplicación do Protocolo de Uso de TIC do IES do Castro que ven de ser aprobado no Consello Escolar, e xa en vigor, os sitios web e blogues relacionados co IES do Castro que queiran ter o carácter de co-oficiais deberán ter unha ligazón dende este sitio web. Como poderán ser varios, non hai espazo suficiente na barra de menús para todos eles individualmente e serán agrupados nunha lapela xeralista “Ligazóns“.

