Convocatoria de reunión e ficha de inscrición na ANPA 2014-2015

A.N.P.A. IES DO CASTRO - CONVOCATORIA XUNTANZA XERAL EXTRAORDINARIA
Mércores 1 de outubro ás 18:30 horas na Sala de Usos Múltiples do IES O Castro.
Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.
2.- Informe do presidente e o equipo directivo da ANPA.
3.- Actividades extraescolares da ANPA e viaxe da fin de curso de 4º da ESO.
4.- Proposta de renovación da xunta directiva da ANPA.
5.- Proposta de data e orde do día da próxima asemblea xeral da asociación.
6.- Rogos e preguntas.
A reunión é aberta á participación de tódolos pais e nais, aínda que o dereito de voto estará limitado aos socios da ANPA. Os asistentes poderanse asociar persoalmente na asemblea, cubrindo a ficha da asociación adxunta e pagando o importe en efectivo (pregamos levedes o importe exacto da cuota (= 6 €/familia/curso)). Tamén vos podedes asociar enviando a ficha cuberta mediante vosa/o filla/o e axuntando os 6 € da cuota, ou recibo de ingreso no noso banco (ollo, temos NOVA CONTA!), nun sobre ben pechado ao buzón da ANPA no IES.
 
convocatoria_xuntanza_xeral_extra_outubro.pdf

ficha_anpa.pdf
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









