Para vermos mellor

Publicado o 26 Febreiro, 2015 na sección Taboleiro Transversal, Biblioteca por Xulio Dobarro

O próximo 8 de marzo celébrase “O día da muller traballadora” e, con tal motivo, desde a Biblioteca, queremos contribuír a superar algunhas actitudes que non contribúen precisamente a mellorar a imaxe da muller, en xeral, e da muller traballadora, en particular. Porque a tan codiciada busca da igualdade entre sexos,aínda que se teñen dado pasos de xigante, segue a haber  un amplo sector da sociedade que non acaba de incorporarse á nova situación.

9788498653359.gif

O diario violeta de Carlota. Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais…(Versión en galego da editorial Galaxia)

Tanto é así que, hai poucos días o Ministerio de sanidad facía públicos uns datos que advertían do rebrote de actitudes machistas entre os xoves e que era preciso non  baixar a garda senón que o que ían facer é levar a cabo unha campaña para frear entre os adolescentes esas condutas machistas.Nesta nova situación ten moito que ver a incorporación, cada vez máis temperá dos xoves ás novas tecnoloxías, actuando estas como ferramentas de control e de involución social. As cifras son contundentes: o 95 % dos adolescentes din estar conectados diariamente a internet; o 25 % das rapazas recoñecen ter sufrido control a través do  teléfono móbil,e o 70 % das encuestadas din que perdoarían unha bofetada do seu mozo. Para combater estes comportamentos, algúns centros a través dos clubs de lectura ou como tema transversal teñen abordado a complexidade da igualdade de xéneros.

O noso gran de area a esta liña educativa de coeducación(educar as persoas á marxe de todos os roles que nos impón a sociedade, favorecendo un cambio na cultura do centro e tendo como obxectivo que se trate por igual o alumnado, evitar o sexismo e mostrar a aportación da muller ao desenvolvemento do mundo) vén da man de obras que nos últimos anos serviron de reflexión e de reacción a comportamentos aparentemente inocentes pero que no fondo conteñen unha forte carga discriminatoria, e que pasarían desapercibidos de non ser por voces que coa súa pluma ou a súa actitude son exemplos a seguir.

Hai poucos días o CSIC (Consejo  superior de investigaciones científicas), se xa non era abondo evidente, publica unha investigación na que se quere demostrar que os neandertais, como os sapiens, hai 49000 anos xa dividían o traballo por sexos. Este dato vén a poñer de manifesto que o que temos na actualidade é un proceso longo e complexo e que determinadas sociedades teñen avanzado ou reducido a discriminación e outras seguen a mantela de maneira totalmente indiscriminada.

No ámbito escolar é ben coñecido o cambio experimentado nas últimas décadas en favor dos centros de carácter mixto, pero logo, de portas a dentro, a realidade é que hai comportamentos que non son de todo igualitarios: na aula non hai dúbida, ou ao menos procúranse corrixir, pero, no patio, os xogos están moi condicionados polo xénero;  o acoso escolar maniféstase habitualmente en detrimento da muller e non digamos os casos de homofobia e violencia verbal.

En fin que, a realidade é moi teimosa e, do mesmo xeito que o trobador compostelán do seculo XIII, Airas Nunes, dicía que fora  por moitos lugares onde se supoñía que tiña que reinar a verdade, e que non conseguiu  atopala, tamén parece que a IGUALDADE estase a converter nunha utopía.

De calquera maneira, propoñemos unha serie de lecturas para abrirmos os ollos e contribuír coa nosa pequena aportación a esta tarefa.

GEMMA LIENAS leva moitos anos traballando  a prol da igualdade das mulleres e son varios os títulos nos que aborda temas que teñen como protagonista principal a unha adolescente que a través das súas gafas de cor violeta se plantexa moitos interrogantes que teñen que ver co papel da muller na sociedade española ou de mulleres inmigrantes. Tanto é así que nos seus libros incorpora un vocabulario específico que vai desde o que é a ablación ata a violencia de xénero,os diferentes tipos de drogas, etc..Os libros son os que seguen e estarán a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca.

descarga.jpgimages.jpeg

Neste novo diario , Carlota plantéase o tema dos dereitos humanos e a inmigración. Así, coa axuda e experiencia dalgúns compañeiros de clase de orixes distintas, decide escribir sobre iso.

descarga-1.jpeg

El diario rojo de Carlota non é xactamente un diario, nin tampouco unha novela. Carlota coñece ao famoso detective Flanagan , intima con el,establece relacións sentimentais , practica o sexo e nos conta paso a paso. O diario convértese así nun auténtico manual de sexualidade. Se es rapaza disfrutarás coa historia e descubrirás aspetos fundamentais sobre a túa propia sexualidade. Se es rapaz, axudarache a antender como é a sexualidade feminina.

descarga-2.jpeg

El diario azul de Carlota.Algunha vez tiveches un noivo que te controle demasiado, que se enfade se saes coas amigas,que  che envíe máis de vinte e cinco mensaxes ao móbil durante o recreo e se poña celoso se falas cos rapaces da túa clase? Tiveches algún amigo, que sen dicirche nada, sufriu algunha forma de violencia, xa sexa física ou psicolóxica, no instituto?Coñeces algún rapaz ou rapaza vítima de violencia na súa casa? Carlota escribe este diario que tamén fala de violencia escolar e violencia infantil.

descarga-5.jpeg

El diario amarillo de Carlota. Carlota adéntrase no complexo mundo das drogas, convencida como sempre, de que só cando dispós de información pode realmente decidir

descarga-4.jpeg

Monstruo de ojos verdes. Novela realista ambienta nos EEUU con toques de misterio, que mostra a ruptura dunha familia  por culpa dos malos tratos.

descarga-3.jpeg

El diario rojo de Flanagan.  É a versión masculina do diario vermello de Carlota. Quen o lea descubrirá as primeiras experiencias sexuais  deste detective e superará algúns tabús realacionados coa sexualidade.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo