Algunhas instruccións para os usuarios rexistrados ‘autores’
Cumpre lembrar aos usuarios rexistrados deste sitio web con dereitos de autoría de artigos algunhas instruccións para que estes presenten o mellor aspecto posible e non distorsionen a estrutura xeral do sitio.
-
As imaxes inseridas non poden ter unha largura de máis de 500 píxeis.

Neste vídeo, e de xeito sinxelo e doado, pódese aprender como reducir unha imaxe ate eses 500 píxeis
- Lémbrense as opcións que existen despois de subir unha imaxe ao servidor:

Mostrar:
Miniatura: Créase automaticamente unha miniatura da imaxe orixinal, o cal e máis a opción de ligazón ao ficheiro orixinal (explicada debaixo) facilita a visualizacíon da imaxe 1:1
- Tamaño completo: A imaxe visualízase ao tamaño orixinal (lémbrese: non máis de 500 px)

- Título: Non se visualiza a imaxe senón un texto co nome da mesma, o cal e máis a opción de ligazón ao ficheiro orixinal (explicada debaixo) facilita a visualizacíon da imaxe 1:1
Ligar a:
- Ficheiro: Créase unha ligazón a unha imaxe (que pode ser a mesma cunha maior resolución -térase que subir tamén e copiar a súa URL (http://…) ou a un ficheiro interno –térase que subir tamén e copiar a súa URL (http://…)- ou externo, ou a outra páxina web.
- Páxina: Ligazón a unha páxina nova do sitio web onde aparecerá a imaxe.
- Ningún: A imaxe non estará ligada a nada.
![]()










Publique un comentario
Debe estar conectado para publicar un comentario.