Convocatoria de prazas para o BACHARELATO INTERNACIONAL: Curso 2017-2018

Publicado o 26 Abril, 2017 na sección +++Documentos e formularios de interese, Noticias do Programa do Diploma do BI, Convocatorias por Alberte Zato

undefinedO IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas terá en conta unicamente, con ponderación especial da nota media de inglés (0,2), o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, tendo en conta en 4º a nota da 2ª avaliación.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do mércores 26 de abril ata o luns 19 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se enlaza aquí, que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación se fará na Secretaría deste Centro ou ben mediante correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico que se enlaza aquí ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademais, é conveniente que os interesados asistan á reunión informativa que se fará no Centro o luns 12 de xuño ás 19:00 para explicar as características deste Bacharelato.

Vigo, 26 de abril de 2017.

Nota importante: a oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo