Entrega de boletíns de notas e reclamacións ESO e 1º Bacharelato.

CALENDARIO FIN DE CURSO E RECLAMACIÓNS.
ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS:
Mércores, 28 de xuño ás 10:00 h
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS
Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación nalgunha asignatura, que o procedemento a seguir é o que se especifica a continuación:
- 1ª Instancia: Pedir a revisión da súa cualificación, ante o profesorado da asignatura, no seguinte prazo: Mércores, 28 de xuño de 10:30 a 12:30 horas.
- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa resolución do profesorado da asignatura, o alumnado poderá facer unha reclamación por escrito ó departamento, segundo modelo oficial (que se recollerá na secretaría do centro), no seguinte prazo: Dende o mércores 28 ás 10:30 h ata o venres 30 ás 10:30 h.
A resolución da reclamación entregarase ó alumnado o venres 30 de xuño ás 12:30 horas.
- 3ª Instancia: En caso de disconformidade coa resolución do departamento, o alumnado poderá presentar reclamación ante a Xefatura territorial (que se fará no centro) no seguinte prazo: Dende o venres, 30 de xuño, ás 12.30 h ata o Martes 4 de xullo ás 13:00 horas. (En horario de mañá)
No seguinte enlace pódense consultar o documento en .pdf

Imprimir este Artigo









