Éxito do noso alumnado na Olimpiada de Bioloxía 2018
Dúas alumnas (Raquel Castiñeira Max e Marta Sanjiao Barrientos, de 2º de Bacharelato A) e dous alumnos (Denís Arribas Blanco, de 2º de Bacharelato Internacional e Yago Radziunas Salinas, de 2º de Bacharelato A) do noso IES participaron o venres pasado, 12 de xaneiro de 2018, na fase autonómica galega da XIII Olimpíada de Bioloxía, celebrada na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Así de relaxados estaban antes da competición:
Tras unha proba teórica e outra práctica, que realizaron xunto con outras 102 alumnas e alumnos de outros 30 centros educativos de secundaria de Galicia, resultou gañador Denís Arribas, empatado en puntos con outros dous alumnos: Javier Pérez Martínez, do IES Otero Pedrayo, de Ourense e Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago.
Parabéns!!!
- Noticia do Atlántico Diario (13/01/18)
- Noticia do Correo Gallego (14/01/18)
- Páxina web do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA)
http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html

Publique un comentario
Debe estar conectado para publicar un comentario.