Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

Publicado o 17 Febreiro, 2018 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

 

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Prazo aberto do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (ambos incluídos)  

Destinatarios:

Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, e 1º e 2º Bacharelato.

Requisitos:

- Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017-2018, na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Para as actividades de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverán no inicio do curso 2018-2019) estar matriculado/a, no curso 2017-2018, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.

- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.

- Nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6, curso 2016-2017.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/2017.

- Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda. No seu caso, dispoñer de pasaporte e documentación que permita viaxar ao estranxeiro 

 CARTEL INFORMATIVO

.pdf

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo