Comunicado da dirección do IES do Castro sobre a suspensión de actividades académicas e outra índole en prevención do CoVid-19

Publicado o 12 Marzo, 2020 na sección ++++Xestión da Suspensión por CoVid-19, Avisos urxentes, Dirección por Alberte Zato

Ante a recomendación do Presidente da Xunta de Galicia de non asistir a clase o venres 13 de marzo, o IES do Castro suspende todos os exames, probas avaliables e actividades complementarias e extraescolares mañán venres. En calquera caso o centro permanecerá aberto mañán pola mañán.

Asemade, tal e como dixo na rolda de prensa o Presidente da Xunta de Galicia  “[…]tomamos a decisión de suspender todas as actividades lectivas e extraescolares en todos os niveles educativos para os próximos catorce días[…]”.

 

Por favor, permanecede atentos a esta páxina web para futuras comunicacións.

 

A dirección

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo