Nota aclaratoria sobre os contidos avaliables na convocatoria extraordinaria de setembro 2020

Publicado o 2 Xullo, 2020 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

Lémbrase a toda a comunidade docente e do alumnado que, de acordo coas disposicións e instrucións da Consellería de Educación sobre as adaptacións de Programacións Didácticas e Curriculares pola crise da Covid-19, os contidos avaliables para todos os niveis e cursos na convocatoria extraordinaria de setembro 2020 serán:

  • Todos aqueles impartidos e desenvolvidos antes do 13 de marzo do 2020. Os contidos novos impartidos dende esa data até o final do curso 2019-2020 non serán avaliables.
  • Evidentemente para as materias do mesmo nome e carácter que precisan dunha avaliación continua ao longo dos niveis educativos, -por exemplo, lingua inglesa-, os contidos consolidados e repasados de cursos anteriores tamén serán avaliables.

exames-setembro.jpg

DESCARGA do .pdf

modificacion-das-programacions-ies-do-castro-final-curso-2019-2020-update27052020.pdf

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo