Carta de benvida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Publicado o 20 Setembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

membrete.jpg

 

 

BENVIDA DE SETEMBRO 

 

Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo. 

 

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato

 

Benvidas e benvidos a todo o alumnado que comezades este curso de bacharelato no IES do Castro . Queremos darvos a benvida a todos e todas, tanto aos que vindes por primeira vez ao centro como aos que continuades estudos connosco. 

 

Gustaríanos que a situación fose distinta pero intentaremos levar a cabo as clases e actividades da mellor maneira posible. Temos preparadas as medidas de seguridade pero necesitamos e é imprescindible a vosa colaboración para que se cumpran. 

 

Sabedes que debedes estar no centro coa máscara ben posta (é necesario que trouxésedes na mochila máscaras de reposto, xel hidroalcólico e panos desbotables) e seguir os percorridos propostos para poder gardar as distancias de seguridade o máximo posible. 

 

O primeiro día, darémosvos a benvida e estarán os titores esperándovos para explicarvos todas as novas normas para que asistamos ao centro coas máximas garantías. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para anotacións, copiar horario etc. 

 

Este curso non estará permitido compartir material nin libro de texto.

 

Comeza a conta atrás para vernos e xa vos estamos esperando con moita ilusión!

 

A xunta directiva do IES do Castro


Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo