Carta de benvida ao alumnado novo de 1º da ESO

Publicado o 20 Setembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

membrete.jpg

BENVIDA DE SETEMBRO

 

Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo. 

1º ESO Alumnado novo 

 

Benvidos a todo o novo alumnado. Queremos darvos a benvida ao noso centro. Gustaríanos que as cousas fosen doutro xeito, noutra situación, pero, aínda que nos toca vivir estes tempos complicados, intentaremos pór todos os medios para recibirvos o mellor posible.

 

Queremos que vos sintades acollidos e esperamos que teñades un bo curso no noso instituto, que axiña será o voso tamén. Temos preparadas todas as medidas de seguridade (lembrade que sempre teredes que estar con máscara) e xa vos explicaremos dende o primeiro día como tedes que entrar, movervos e saír do centro para vir a clase con garantías. Depende de todas e todos nós que poidamos estar no centro con tranquilidade.

 

Todos os días de clase deberedes traer máscara posta e outras de reposto nunha bolsiña na mochila, un xel hidroalcólico e panos desbotables (aínda que tamén teremos nas aulas para uso de todas e todos). Podedes traer merenda para o recreo. 

 

O primeiro día recibirémosvos os membros do equipo directivo e os/as vosos/as titores/as e, ao longo da semana , iredes coñecendo ao resto do profesorado. Xa estaremos esperándovos na porta A , a do Mural botánico, para ensinarvos o camiño que deberedes facer todos os días ata chegar ás aulas. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para anotacións, copiar horario etc. 

 

Benvidos e benvidas ao IES do Castro . Esperamos que pasemos un bo curso e que todo o alumnado e profesorado colaboremos conxuntamente. Se tedes calquera dúbida podedes comentala na clase cos vosos profesres/as, titores/as ou Equipo Directivo.

 

Comeza a conta atrás para vernos e coñecernos! Esperámosvos con moita ilusión!

A xunta directiva do IES do Castro

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo