Comunicado ás familias sobre los casos de contaxio Covid-19 no instituto | 3 casos até data 18-10-2020

Publicado o 18 Outubro, 2020 na sección Xestión e protocolos CoVid-19, Dirección por Alberte Zato

Desde o IES do Castro queremos amosar o noso apoio ao alumnado afectado pola Covid-19 e ás súas familias nestes difíciles momentos.

Asemade, queremos agradecerlles a súa pronta reacción en canto se detectou o primeiro caso positivo, xa que a inmediata información tanto ao centro como aos posibles contactos permitiu adoptar as medidas pertinentes desde o primeiro momento, mesmo antes de que o centro recibise a notificación oficial do primeiro caso por parte das autoridades sanitarias.

Non temos dúbida de que, xunto coas normas de seguridade do centro, que están a funcionar correctamente, foi a actuación dilixente e responsable do alumnado e das familias implicadas o que evitou que esta situación se propagara máis.

Reiteramos a nosa confianza no bo funcionamento das medidas adoptadas no noso centro, e pedimos a todas as familias que, tal e como se fixo neste caso, nos manteñan sempre informados de calquera incidencia, xa que unha intervención rápida pode marcar a diferencia.

Lembramos ás familias a obrigatoriedade de incorporar na súa rutina a realización da autoevaluación diaria antes de asistir ao Centro.


 

CARTA ÁS FAMILIAS CON INFORMACIÓN IMPORTANTE

descargable en .pdf

comunicado_familias_casos_covid_19_outubro.pdf

 


comunicado_familias_casos_covid_19_outubro.jpg

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo