Convocatoria Fondo solidario LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/22
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(Ligazón)
Prazo de presentación: Ata o 22 de xuño de 2021
Destinatarios:
● Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.
● Axudas para adquirir libros de texto: alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE).
● Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en ESO.
● O alumnado participante no Proxecto de educación dixital (EDIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Formas de presentación: presencial ou telemática (Manual de usuario)
As solicitudes presentaranse, preferiblemente, a través da aplicación FONDOLIBROS. Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Dende FONDOLIBROS, poderán optar polas seguintes formas de presentacion:
● Presentacion no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
● Presentacion na Sede Electronica da Xunta de Galicia: A solicitude e a documentación preséntanse telemáticamente e asínase a través da aplicación fondolibros.
Para presentar as solicitudes e a documentación no centro haberá que pedir cita previa.
Documentación: deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31.12.2019
● Anexo I debidamente cuberto e asinado e Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar. Ligazón aos anexos
● Libro de familia onde figuren os membros computables.
● Documento que acredite a custodia en caso de separación ou divorcio.
● Nos casos especiais (violencia de xénero, discapacidade, tutela da Xunta…) ou se o solicitante non posúe DNI ou NIE, consultar a seguinte ligazón.
Axudas e fondo de libros:
Este documento en
documento-convocatoria-fondo-solidario-libros-de-texto-21-22.pdf

