Convocatoria dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

Publicado o 12 Xullo, 2022 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

7ced67c0d648122bcae10129de981341_m1.jpg

[Remitido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades]

Hoxe, 11 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo