Información sobre o proceso de reparto dos libros do FONDO SOLIDARIO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 2022-2023

Publicado o 5 Setembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

books-stationery-61.png

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) CURSO 2022-2023

 

Proceso de reparto dos libros concedidos polo FONDO SOLIDARIO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN para o curso 2022-2023 e algunhas recomendacións. 1º e 3º de ESO

 

O venres día 9 de setembro darémoslle ao alumnado o documento de ENTREGA DE LIBROS que, unha vez asinado, recolleremos o luns 12 de setembro para proceder ao reparto. A sinatura deste documento supón comprometerse a manter en bo estado os libros e devolvelos ao FONDO SOLIDARIO ao rematar o curso.

Para unha mellor conservación, tendo en conta que son libros que se utilizarán durante varios cursos, sería recomendable forralos.

 

Ademais, é importante identificar o seu usuario para evitar problemas; daremos unhas etiquetas adhesivas o día da entrega dos libros para que se cubran cos seguintes datos: NOME E APELIDOS GRUPO (1º/3º ESO + LETRA) CURSO 2022-2023.

 

Quedarán pendentes de entregar para as próximas semanas os seguintes libros: Xeografía e Historia de 1º e 3º, Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º de ESO e mais Física e Química de 3º. En canto nolos envíen repartirémolos entre o alumnado.

Por último, lembrar que se non se devolven os libros a final de curso polo motivo que sexa, pediremos que restitúan os exemplares que faltan. 2º e 4º de ESO O venres día 9 de setembro darémoslle ao alumnado o documento de ENTREGA DE LIBROS que, unha vez asinado, recolleremos o luns 12 de setembro aula a aula para proceder ao reparto. A sinatura deste documento supón comprometerse a manter en bo estado os libros e devolvelos ao FONDO SOLIDARIO ao rematar o curso.

 

 

Información en

 .pdf

informacion-reparto-fondo-solidario-de-libros-de-texto-2022-2023.pdf

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo