Actualización de información sobre Probas de Certificación e Acreditación Lingüística no IES do Castro
Ven de ser publicada a resolución provisional da Consellería de Educación et alter sobre a concesión de axudas para Probas de Acreditación Lingüística para alumnado de centros públicos, a realizar nos propios centros.
Aínda que o IES do Castro tiña solictadas axudas para os tres niveis educativos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato soamente se concederon axudas para 10 prazas de Inglés e 4 de Francés para alumnado do nivel de 2º de Bacharelato.
- Proximamente o Departamento de Lingua Inglesa deste instituto comunicará as condicións de participación e baremación do alumnado de 2º de Bacharelato aspirante a estas probas e axudas, que se pretenden que sexan do 100% do importe das mesmas.
- Co obxecto de ir gañando tempo prégase a dito alumnado aspirante que comunique o seu interese ao seu profesor/a de Inglés, ou ben directamente ao xefe do departamento Prof. Zato, para confeccionar a listaxe de aspirantes.
Descarga do documento de resolución provisional
anexo_i_listaxe_provisional_acreditacion_linguistica_centros_publicos_0.pdf

