Aviso importante: Modificacións do calendario escolar para o final de curso 2022-2023 e o sistema de avaliacións na ESO
MODIFICACIÓNS DO CALENDARIO ESCOLAR PARA O FINAL DE CURSO 2022-2023 E O SISTEMA DE AVALIACIÓNS NA ESO .
A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades aprobou novas modificacións do Calendario escolar para o curso 2022/2023. ORDEN de 27 de diciembre de 2022 ( DOG Nº4 do Xoves, 5 de xaneiro de 2023)
Salientamos seguindo a Orde as seguintes modificacións nas Sesións de avaliación que afectan onoso alumnado e que quedan redactados como segue:
«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.
3.As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.
A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidircoa sesión de avaliación final» “
Polo tanto, a organización do final do curso 2022-2023 nos distintos niveis do Centro será:
Para o alumnado de 2ºBAC:
- A avaliación final ordinaria será no mes de maio, posiblemente o 19 xoves (a data ten que adecuarse ás datas previstas para a convocatoria ordinaria da ABAU, que será os días 6, 7 e 8 de xuño)
- As probas das materias que non foran superadas na Avaliación ordinaria serán entre o 19 e o 21 de xuño
- A Avaliación final extraordinaria será a partir do 22 de xuño de 2023
- As clases rematan para todo o alumnado da ESO, de 1º BAC e o alumnado de 2º BAC con materias pendentes para a Avaliación extraordinaria, o 21 de xuño de 2023.
- Lémbrese que, xa dende o curso pasado, non hai convocatoria de exames en setembro.
Para o alumnado de 1º BAC haberá dúas sesións de avaliación:
- Avaliación final ordinaria (a data coincidirá coa terceira avaliación) e farase a partir 5de xuño
- As probas das materias que non foran superadas na Avaliación ordinaria serán entre o 19 e o 21 de xuño
- Avaliación final extraordinaria e farase a partir do remate das clases, o 21 de xuño.
Para o alumnado da ESO só haberá unha sesión de avaliación:
- Avaliación terceira que a súa vez coincidirá na data coa Avaliación final, e realizarase a partir do 22 de xuño.
- O alumnado que non superara algunha parte dunha materia ao longo do curso, ten que realizar a/s proba/s ou actividades de recuperación, que os distintos Departamentos establecen nas súas Programacións, antes da data da Avaliación final.
Descarga da información en .pdf
modificacions-fin-de-curso-2023.pdf

