Semana das Linguas Clásicas
Un ano máis os Departamentos de Latín e Grego fixemos no noso centro a Semana das Linguas Clásicas.
O obxectivo e achegar á nosa comunidade educativa o mundo grecolatino e as súas aportacións á cultura occidental:
- fixemos unha exposición cos libros de tema grego ou romano que hoxe en día son grandes ventas;
- proxectamos historias mitolóxicas, películas;
- un resumo das actividades realizadas polos nosos departamentos ao longo do curso:
- visita aos xulgados de Vigo,
- excursión a Tui para ver Medea e Miles gloriosus,
- viaxe a Roma
- presentación das/dos nosas/os alumnas/os ás Olimpiadas de Traducción de Textos Clásicos realizadas en Santiago de Compostela pola USC);
- repartimos poemas;
- disfrazámonos de gregos;
- introducímonos no mundo da moda (proxección e fotos dos desfiles de grandes marcas inspirados no vestido e no calzado grego e romano, así como na súa arquitectura e na súa cerámica;
- exposición de logos e nomes de marcas inspirados nos clásicos;
- exposición de textos e fotos de camisetas baseados na cultura grecolatina coa súa correspondente explicación).
Finalmente, co apoio de alumnas/os, profesores e persoal non docente, realizamos un photocall cara a defender a presencia das linguas clásicas no ensino.
Odi et amo. Quare id faciam, fortasse requiris.
Nescio, sed fieri sentio et excrucior.
(Catulo)
γνωθι σεαυτόν
(Inscrición no Ναός Απόλλωνος en Δελφοί)

