Club de lectura para adultos 2023-2024

Prezadas familias:
Este curso 2023-24 entre as actividades levadas a cabo pola Biblioteca Xoán Xosé Sande Suárez retomamos o Club de lectura de adultos, destinado ás familias do noso alumnado.
De estaren interesados/as en compartir lecturas connosco, solicitámoslles que se poñan en contacto no correo electrónico bibliotecaiesdocastro@gmail.com e indiquen no asunto ‹Club de lectura adultos›. O prazo de inscrición remata o 27 de outubro.
Un cordial saúdo,
O equipo da Biblioteca do IES do Castro.
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









